×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

As empresas alimentarias deben de adaptar as súas estratexias de deseño do produto, comunicación e mercadotecnia á lexislación europea sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor e sobre as declaracións autorizadas de propiedades saudables de alimentos, adecuando as estratexias de comunicación e sustanciando as declaracións de saúde asociadas aos seus produtos.

Nesta liña, o proxecto alimentación saúde e consumidor (ALIMENTASE) considerou coma obxectivo actualizar e estruturar a información dispoñible sobre lexislación, etiquetaxe, declaracións nutricionais e de propiedades saudables (health claims) e visión do consumidor sobre todos estes aspectos.

O proxecto implantou un servizo integral de información e análises sobre aspectos chave relacionados coa lexislación e a comunicación no eido da alimentación, saúde e o consumo. As empresas participantes achegarán información sobre os seus produtos e estratexias de mercadotecnia e comunicación ou sobre novos desenvolvementos que desexen mellorar para aproveitar as oportunidades que xera o novo marco normativo, interactuando con expertos en cada un dos ámbitos de traballo: lexislativo, nutricional e de saúde, comunicación e consumo obtendo un informe de recomendacións robustas e personalizadas para aplicar directamente na estratexia de innovación de produto e de mercadotecnia e comunicación.