Capacidades

As empresas que potencian os seus activos estratéxicos xeradores de valor, isto é, os recursos e capacidades que sustentan as competencias, acadan unha maior vantaxe competitiva e que poden ser:

  • Capacidade estratéxica, estratexia corporativa, inclúe actividades para crear valor engadido cara os clientes.
  • Capacidade tecnolóxica, know-how e capacidade de innovación.
  • Capacidade persoal conxunto de capacidades das persoas, aptitudes ou coñecementos
  • Capacidade organizativa, coordinación a través da estrutura organizativa da empresa.

Ademáis, as empresas, deben identificar e mellorar unha serie de competencias básicas nucleares nas que afianzar vantaxes competitivas, definíndose como o conxunto de capacidades que contribúen a aumentar o valor engadido do produto que perciben os clientes e son exclusivas da empresa, diferenciándoa da competencia.

Por isto o Cluster Alimentario de Galicia céntrase na mellora das capacidades nas suas empresas asociadas coa finalidade de acadar un crecemento real e sustentable.