×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Ganadores dos Premios Galicia Alimentación ao proxecto empresarial do ano - Edición 2015

Ganadores dos Premios Galicia Alimentación ao proxecto empresarial do ano - Edición 2015

Premios Galicia Alimentación ao proxecto empresarial do ano

Proxecto empresarial de especial relevancia destacada ou singular que destaque pola súa innovación en organización ou producióne modelo de negocio, así como a súa estratexia de mercadotecnia, cun valor asociado ao emprendemento.

A empresa galardoada con este premio na primeira Edición do 2015 foi Portomuíños, polo seu proxecto empresarial de especial relevancia e singularidade. O seu traballo caracterízase pola procura de novas materias primas do mar de Galicia, a súa valorización na constante innovación en formulación de produtos, así como a súa singular estratexia de marketing e de internacionalización.

Na segunda Edición do 2016 concedeuse este premio ex aequo a Kiwi Atlántico e a empresa Freshcut da marca Galifresh.

Os aspectos polo que valoraron a Kiwi Atlántico foron o valor emprendedor dos primeiros socios, s súa política de calidade, responsabilidade social e ambiental declarada pola empresa coma bases fundamentais da súa identidade, e a súa politica de innovación.

Pola súa banda, os motivos para a concesión do premio a Freshcut foron a inclusión sociolaboral en canto a súa faceta de centro especial de emprego, que busca a integración laboral de persoas de colectivos especiais para a súa integración social, asi coma por ser unha empresa comprometida co ambiente e sostible.

Na terceira Edición 2017 as empresa galardoadas co premio foron Casa Grande de Xanceda e Pazo de Vilane. Casa Grande de Xanceda, fundada nos anos 60 coma unha pequena granxa familiar de vacún en Mesía. Hai uns anos construíron a súa propia fábrica na que transforman ese leite das súas vacas en iogures, queixos e outros produtos lácteos ecolóxicos, que comercializan coa súa propia marca.

Pazo de Vilane convertese nun proxecto pioneiro na produción de ovo de galiñas en Galicia, reactivando a economía rural, facendo énfase no papel e desenvolvemento da muller. Ademais, fomenta a cultura na comarca da Ulloa coa realización de actividades sociais e culturais