Gastronomía de Galicia
Galicia é unha terra na que a cultura gastronómica está moi valorada e desenvolvida. O complemento dun bo manxar é, por execelencia, un bo viño galego, saboroso e aromático. As súas propiedades e características melloraron, sobretodo no caso dos viños blancos, dados os avances nos procesos de produción e o emprego de materia prima autóctona. Destacan, os viños Denominación de Orixe, como os Rías Baixas ou a Ribeira Sacra, entre outros.
Produto de gran tradición na gastronomía galega é o queixo. A produción leiteira ten un importante peso no conxunto agroalimentario galego, e a experiencia adquirida durante tantos anos, permitíu a produción dunha gran tipoloxía de queixos de elevada calidade, moitos deles respaldados polas denominacións de orixe. Na súa maioría, trátase de queixos cun sabor suave, textura branda e pouco curados, procedentes do leite de vaca, aínda que deste perfil escapan algunhas variedades, como por exemplo o queixo San Simón, afumado, cun sabor máis forte.
No mar, Galicia dispón dun importante almacén de produtos alimenticios. A actividade pesqueira, tanto de especies autóctonas como das procedentes doutras zonas do mundo, caracterizase por obter unha amplia variedade de especies e seren de elevada calidade, ao igual que o marisco galego, e outros produtos de recente consumo, como as algas, que serven de complementos para múltiples pratos.
Da terra, Galicia obtén unha gran parte da produción de alimentos, como a pataca, complemento de moitos pratos galegos. As condicións climáticas favorecen o cultivo deste produto en diferentes zonas da xeografía galega, con sabores variados. As cebolas e os grelos, son outros dos produtos agrarios de maior consumo na cociña galega. A produción da cebola non é moi abondante, mais a do grelo, a pesar de ser cultivado só nunha época do ano e sobretodo en zonas frías do interior, é moito maior. Non se poden esquecer os pementos que levan sendo cultivados en Galicia dente hai séculos.
A abundancia de zonas rurais facilitou non só a actividade agraria, senón tamén a gandeira, sobretodo a crianza de vacas e porcos. A alimentación natural destes animais, xunto coas características que de por sí presentan as razas autóctonas, fixo da carne galega un alimento natural e de recoñecida calidade polo mercado.
Como complemento a calqueira tipo de xantar, está un bo pan galego (pan de Cea, pan de Carral, ou o pan de boroa, entre outros). Prodúcese en diferentes zonas da xeografía galega. Por outra parte, a empanada é o entrante da mesa galega, por excelencia. Elaborada con diferentes ingredientes, é un produto tradicional da nosa terra e aberto a novidades (nos sabores, texturas, formas...).
Despois dun bo xantar, é benvida unha boa sobremesa galega. Unha das máis tradicionais é a Torta de Santiago, un bizcoito con alméndoas, que leva debuxada a cruz de Santiago. Producido en Galicia, tamén é o coñecido marrón glacé, castañas con azucre, glucosa e vainilla, un postre de calidade superior.















































