×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos.

INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clústeres, liderados por Skane Food Innovation Network, de Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020. Está financiado en 4.115.121 €, no Programa Europeo de desenvolvemento e innovación Horizonte 2020.O obxectivo xeral do Proxecto INCluSilver é apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores que facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación sénior.

Entre os principais beneficios para as empresas e entidades participantes atópanse a posibilidade de obter apoio financeiro directo (cheques de innovación) e técnico (a través de servizos de apoio á innovación) para aumentar a capacidade de innovación das PEMES. Ademais de asesoramento individualizado, actividades de formación avanzada e unha contorna colaborativa virtual de apoio á innovación aberta.

O núcleo do proxecto será a Contorna Colaborativa Virtual dedicada aos grupos de interese da nutrición personalizada, en particular as PEMEs. A CCV permitirá a creación dunha plataforma común de expertos (Gremios de Innovación); o establecemento dunha ferramenta tecnolóxica para a compilación de información e de procura de socios para incentivar a interacción e a colaboración.