×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O desenvolvemento dun plan de comunicación e mellora da visibilidade do Clúster Alimentario de Galicia ven definida no Plan Estratéxico 2011-2015 asociado ao eixe estratéxico de dinamización, consolidación e visibilidade do CLUSAGA. A sua vez incluese as seguintes elementos:

  1. O deseño dunha identidade visual corporativa da organización: logotipo, isotipo, cores e tipografía. Nun sentido máis amplo, comprende ademais todos os elementos definidos para proporcionar a citada identidade. É o resultado da estratexia da organización para crear unha imaxe e actitude propias, que se asocien aos seus produtos, actividades e institucións. Deste xeito a identidade do Clúster Alimentario de Galicia créase como unha marca que identifica ao conxunto de produtos de orixe galega impulsando o recoñecemento a nivel nacional e internacional do sector.
  2. Potenciación da páxina web www.clusteralimentariodegalicia.org e a difusión a través das redes sociais.
  3. Deseño e desenvolvemento dun Plan de Comunicación do Clúster Alimentario de Galicia, dirixido tanto aos axentes do sector alimentario galego como ás Administracións Públicas e á sociedade en xeral.