×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto INMARKET trátase dun sistema de información estratéxica baseado nun sistema de vixilancia competitiva especializado en alimentación e bebidas que busca detectar oportunidades e ameazas, o que permite identificar elementos do entorno competitivo que poden influír no desenvolvemento da entidade, coa finalidade de facilitar a toma de decisións estratéxicas.

Pola outra banda facilita obter e sistematizar información do mercado global de alimentos e bebidas establecendo unha forte ferramenta de intelixencia competitiva que permite coñecer e adaptarse ás tendencias máis recentes do mercado global dos alimentos e das bebidas. Con tal finalidade emprégase a base de datos de alimentos e bebidas Mintel, que é unha ferramenta online de información de novos lanzamentos de alimentos e bebidas de todo o mundo.

O CLUSAGA realizan unha análise profunda sobre mercados e competidores, novos produtos, ingredientes, envases e packaging, tecnoloxías e patentes, canais de distribución, novas tendencias e outros aspectos nun servizo personalizado que axude a un mellor coñecemento do mercado e tendencias para a innovación e a mellora de produtos ou procesos.