×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto INNOFOODS estuda a viabilidade da elaboración dos produtos cunha modificación dos procesos, a incorporación de ingredientes bioactivos ou con perfil nutricional para a obtención de alimentos novos ou mellorados, adaptados aos requirimentos de colectivos específicos. Deste xeito, búscase axudar á diversificación, diferenciación e maior valor engadido dos produtos alimentarios desenvolvendo novos produtos adaptados aos novos requirimentos nutricionais, con formatos adecuados á nova demanda de consumo de certos colectivos específicos.

No anos 2015 a 2017 desenvolvéronse varios proxectos neste área coordinados polo clúster coa participación de varias empresas socias e varios centros tecnolóxicos:

Innovación en formulación de produtos alimentarios e bebidas adaptados a novas tendencias de consumo. Clean Label. O obxectivo xeral do proxecto é o desenvolvemento de produtos alimentarios e bebidas melloradas na súa composición, desde a reformulación, eliminando aditivos artificiais, logrando satisfacer as esixencias dos consumidores respecto ao uso de ingredientes naturais, produtos máis saudables e de etiquetaxe limpa.

Innovación en produtos lácteos para a nutrición da poboación senior. Seniorlact. Este proxecto ten como obxectivo o desenvolvemento de produtos lácteos, destinados á poboación de idade avanzada que poden exercer un papel preventivo e redutor dos factores de risco que provocan certas enfermidades, de maneira que proporcionen un mellor estado de saúde que leve á súa vez, un maior benestar e calidade de vida.

Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos.

NUTRIAGE Solucións Avanzadas para un Envellecemento Saudable a Través da Nutrición ten coma obxectivo a xeración de solucións avanzadas en investigación e innovación, orientada á demanda de novos produtos adaptados, para mellorar a calidade de vida das persoas maiores na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

TITTAN Translation, Innovation & Technology Transferin Ageing Network pretende establecer unha rede de intercambio de coñecemento para potenciar a innovación e transferencia de tecnoloxía no eido da saúde, especialmente no ámbito envellecemento.