Innovación

Innovación e competitividade van da man, pero non necesariamente unha existe sen a outra, mais a innovación esta ligada a todos os niveis de competitividade da pirámide e pódese aplicar en calquera destes.

Esta área estratéxia desenvolvea a Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (Ptgal) A plataforma tecnolóxica é un instrumento creado para impulsar a competitividade industrial a través da cooperación entre os axentes representativos do sector no eido científico-tecnolóxico. A través da mesma preténdese canalizar as actividades de I+D+i de empresas, universidades, centros tecnolóxicos e outros centros de investigación, cun enfoque de cooperación destinado a producir sinerxias e promover o traballo de colaboración en proxectos innovadores.

A actuacion da Ptgal desenvolvese segundo unha Axenda Estratéxica de Innovacion e un programa de actuacions cos obxectivos de:

  • Identificar as liñas de actuación para a modernización, a competitividade e a sustentabilidade do sector agroalimentario galego, que dependan do I+D+i.
  • Xerar propostas estratéxicas a medio e longo prazo para desenvolver o potencial do sector agroalimentario galego.

No proceso de elaboración da axenda estratéxica as prioridades identificadas directamente co sector foron estruturadas en catro bloques:

  1. Calidade alimentaria, procesado e distribución
  2. Seguridade alimentaria
  3. Produción sustentable
  4. Nutrición e saúde

Baseándose nestas tematicas definironse co fin de incentivar proxectos cooperativos catro grupos de traballo abertos e diversos grupos privados que contan co soporte da Plataforma.

Os servizos que presta a Plataforma para cumprir os seu obxectivos destacan a vixilancia tecnoloxica, o sistema de alertas tecnolóxicas. Ademias coa finalidade decatalizar o proceso innovador e mellorar a xestión da innovación en particular incentivando organiza diversas actividades e eventos, presta apoio a traves das secretarias tecnicas e gabiente de dinamización e catalogo online de oferta de servizos tecnolóxicos de Galicia. A Ptgal dipón dunha Secretaría Técnica Agro-Industria, no Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL) e unha Secretaría Técnica Mar-Industria, no Centro Tecnolóxico ANFACO-CECOPESCA.