×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Premio Galicia Alimentación ao produto innovador recoñece a calidade diferenciada a través do desenvolvemento de novos produtos caracterizados pola súa innovación, o seu potencial comercial, o seu deseño, a súa posibilidade de agregar valor aos produtos galegos e en particular a adaptación ás demandas do consumidor, con especial atención á relación entre nutrición e saúde.

Na primeira Edición do 2015, este premio foi concedido á Liña de Cociña de Mercado Infantil de Conservas Calvo destinada a nenos de entre 7 e 12 anos, na que se incluían as receitas de mini hamburguesas de atún e polo, as cales resultan de gran interese pola súa formulación adaptada para que os nenos poidan obter os beneficios dunha dieta equilibrada baseada no perfil nutricional requirido, ademais de polo seu potencial comercial, deseño e posibilidade de agregar valor aos produtos galegos.

Na segunda Edición do 2016 concedeuse este premio ao produto Calabizo da empresa Fiablone por ser o primeiro chourizo vexetal elaborado de forma tradicional, con aspecto, textura, arume e sabor ao chourizo tradicional, coa adaptación ás demandas do consumidor en liña coa tendencia crecente nos últimos anos de novos substitutos de carne e as declaracións saudables explícitas. Asemade por agregar valor polo emprego de materias primas de orixe galega para reformular produtos da gastronomía tradicional.

Na terceira Edición 2017 a empresa galardoada co premio foi Granja Campomayor co seu Ovo a Baixa Temperatura. É un novo produto innovador no mercado ao tratarse do primeiro ovo producido a escala industrial con estas características, xa que logo na actualidade o ovo a baixa temperatura é un produto elaborado en restaurantes de alta cociña de xeito limitado e no momento do seu uso. O innovador do produto é un proceso de elaboración por cocción do ovo, dentro da súa casca, que require un control exhaustivo dos diferentes parámetros, en particular da temperatura.