×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A innovación está ligada a tódolos niveis da pirámide de competitividade e pódese aplicar en calquera deles. Por iso, asociado ao Eixo 1 do Plan Estratéxico Impulso da I+D+i e reforzo da capacidade innovadora definiuse o obxectivo central da Axenda Estratéxica de Innovación (AEI): Posicionar o sector alimentario galego como provedor de produtos alimentarios seguros, funcionais e de calidade diferenciada a través do desenvolvemento de proxectos singulares e estratéxicos de I+D+i en procesos e desenvolvemento de novos produtos e adaptación ás tendencias do consumo e ás demandas do consumidor, con especial atención á relación entre nutrición e saúde.

Asemade dos obxectivos do Plan Estratéxico foron seleccionados e priorizados na Axenda Estratéxica de Innovación (AEI) dous obxectivos estratéxicos e obxectivos intermedios.

  • OE.1. Desenvolver a cultura da innovación, mediante o apoio á cooperación e a posta en marcha de proxectos colaborativos entre empresas e centros de investigación e tecnolóxicos, favorecendo a difusión e aplicación do coñecemento.
  • OE.2. Impulsar o fortalecemento e a xeración de valor engadido na cadea alimentaria de Galicia, mediante o desenvolvemento de novos produtos e/ou procesos.
  • OI.1. Mellorar o coñecemento sobre as tendencias e a xestión e recursos para a I+D+i.
  • OI.2. Promocionar proxectos colaborativos de I+D+i.
  • OI.3. Potenciar o desenvolvemento de novos produtos que contribúan á xeración de maior valor engadido ao longo da cadea e reforcen a relación entre nutrición e saúde.
  • OI.4. Impulsar melloras nos procesos de produción e comercialización que redunden no incremento da produtividade e nunha maior diferenciación e calidade.

Na axenda estratéxica de innovación as prioridades identificadas foron estruturadas en dúas areas prioritarias de innovación.

  1. Alimentación, saúde e consumidor.
  2. Procesado, conservación e envasado de alimentos seguros e de calidade.

Persoal cofinanciado por: