×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto INNSTRATEGY ten coma obxecto a implantación dun sistema piloto de apoio á innovación a nivel sectorial que dinamice a implantación de solucións innovadoras que garantan unha mellor posición competitiva das empresa, en particular das PEMEs.

Nesta liña, o CLUSAGA pretende proporcionar soporte ás empresas asociadas na definición dos seus retos a partir de información estratéxica, así como na elección e desenvolvemento de accións de innovación, que deriven nunha mellora dos seus procesos de produción e comercialización e nunha maior diferenciación dos produtos.

As empresas participantes poderán solicitar un informe individualizado sobre o estado da competencia e mercados, tendencias de consumo, tecnoloxías e ingredientes e estratexias de posicionamento e comunicación aplicables para o desenvolvemento dunha idea innovadora. Asemade recibirán o asesoramento sobre a planificación dun proxecto, a busca de financiamento e o establecemento de alianzas con socios colaboradores.