×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Complementando o proxecto Inconsumer implantouse a infraestrutura de investigación de libre acceso denominada MARKETLAB, que consiste na reprodución dun lineal dun supermercado medio nunha sala, onde se recruta a consumidores para simular a súa experiencia de compra medindo unha serie de variables do seu comportamento. Asemade analízase a conduta e a resposta emocional do comprador a determinados estímulos activados no punto de venda mediante a tecnoloxía do eyetracking.

Actualmente, tamén se dispón dun entorno virtual de compra que simula un lineal físico e que permite de maneira moito máis rápida preparar a base para o estudo, situando os produtos simulados na posición exacta, permitíndolles realizar a compra virtual de forma máis cómoda.

O análise dos datos do Marketlab permiten que as empresas coñezan mellor o comportamento do consumidor interpretación dos criterios de elección da compra no punto de venda e a testaxe de innovacións en produto, formato e envase, promoción e comunicación co consumidor.