×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

NUTRIAGE Solucións Avanzadas para un Envellecemento Saudable a Través da Nutrición ten coma obxectivo a xeración de solucións avanzadas en investigación e innovación, orientada á demanda de novos produtos adaptados, para mellorar a calidade de vida das persoas maiores na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

O desenvolvemento do proxecto estase levando a cabo por un consorcio formado pola a Asociación Clúster Alimentario de Galicia – CLUSAGA, a Consellería de Política Social, Xunta de Galicia (Coordinador), a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Portuguesa – Centro Rexional do Porto, a Associação Integralar (PortugalFoods), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos – Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (ANFACO-CECOPESCA), o Instituto Politécnico de Viana do Castelo Fundación para a Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación Ramón Domínguez (Fundación Ramón Domínguez) e a Santa Casa da Misericordia do Porto.

O obxectivo do proxecto é, asegurar un envellecemento saudable a través da avaliación, estudo e deseño de estratexias nutricionais personalizadas fundamentadas sobre a alimentación tradicional atlántica e o desenvolvemento de novos produtos alimenticios que optimicen o estado nutricional das persoas maiores e preveñan o seu declive funcional e cognitivo xerando capacidades en I+D+i que favorezan a mellora da calidade de vida das persoas maiores a partir da nutrición, reforcen a sustentabilidade e eficiencia do sistema socio-sanitario e incentiven o crecemento e a xeración de novas oportunidades de negocio para a industria agroalimentaria.