×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O sector alimentario é un dos sectores estratéxicos en Galicia tanto pola súa dimensión, como pola súa transcendencia económica e social. Neste ámbito, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) artella nunha estrutura organizada do sector alimentario galego, en senso amplo, integrando ás empresas, así como ás entidades de investigación e innovación e outras organizacións, en procesos de cooperación que permitan obter beneficios derivados da aplicación de accións e proxectos colaborativos e acadando unha masa crítica que permite fortalecer a competitividade internacional e a visibilidade do sector.

O liderado do Clúster Alimentario de Galicia baséase en transformar visións e plans en accións, atopando os medios e a enerxía para desenvolver novas ideas, coa sofisticación de estratexias empresariais, e creando solucións prácticas aproveitando as oportunidades para abordar o reto de mellorar a posición competitiva dos seus asociados, co conseguinte incremento da rendibilidade de xeito sustentable.

Por isto, o papel do Clusaga é observar o panorama xeral, analizar os mercados, anticipar tendencias e establecer prioridades e estratexias de posicionamento no mercado; impulsar a cooperación, con acordos, redes e alianzas comerciais entre as empresas e proxectos conxuntos con outros axentes. Ademais de construír o valor intanxible dunha marca, asociada a Galicia, que sexa recoñecida e valorada internacionalmente como de excelencia en alimentos e bebidas.

informacionestatutos