×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O obxectivo central do Clúster Alimentario de Galicia, tal como recollen os seus Estatutos, consiste en “contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento sustentable e mellora da competitividade e da internacionalización do sector alimentario de Galicia”. Ese obxectivo central concrétase no Plan Estratéxico 2016-2020 en cinco obxectivos estratéxicos:

1. Desenvolver a cultura da innovación e favorecer a difusión e aplicación do coñecemento.

2. Impulsar a creación de valor, a través de novos produtos e/ou procesos e a seguridade e calidade dos alimentos.

3. Mellorar a produtividade e sustentabilidade e avanzar cara a fábrica do futuro.

4. Reforzar o posicionamento nos mercados; internacionalización e adaptación ás tendencias do consumo.

5. Potenciar a dinámica de cooperación e traballo en rede dos socios do clúster, e consolidar a estrutura e proxección do CLUSAGA.

Os catro primeiros obxectivos teñen un carácter “finalista” e refírense aos aspectos do sector nos que pretende incidir de forma prioritaria o CLUSAGA. Mentres que, o quinto, presenta un rol instrumental: a potenciación da dinámica de cooperación entre os socios e a consolidación do clúster, non constitúen fins en si mesmos, senón unha condición para alcanzar os restantes obxectivos.