Obxectivos
O obxectivo estatutario do Clúster é contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento sustentable, internacionalización e mellora da competitividade do sector alimentario de Galicia
Este obxectivo central, que expresa a misión do Clúster Alimentario de Galicia, desenvólvese en catro obxectivos estratéxicos:
1. Desenvolver a cultura da innovación, mediante o apoio á cooperación e a posta en marcha de proxectos colaboradores entre empresas e centros de investigación e tecnolóxicos, favorecendo a difusión e aplicación do coñecemento.
2. Impulsar o fortalecemento e a xeración de valor engadido na cadea alimentaria de Galicia, mediante o desenvolvemento de novos produtos e/ou procesos.
3. Mellorar a produtividade e sustentabilidade das distintas ramas e cadeas produtivas que integran o sector alimentario galego.
4. Mellorar o posicionamento das empresas alimentarias galegas nos mercados, prestando especial atención á internacionalización e aos mercados en crecemento que están a xerar os cambios na demanda.
Ademais, a posta en marcha do Plan Estratéxico debe permitir impulsar unha dinámica de cooperación, paralela á competencia, entre os axentes do sector, que permita avanzar no futuro cara a obxectivos máis ambiciosos. A cooperación e o traballo en rede entre os socios do Clúster Alimentario de Galicia constitúe un aspecto chave para a consecución dos obxectivos do clúster. Aínda que non é considerado propiamente un obxectivo estratéxico, senón un medio para alcanzar eses obxectivos.















































