Organización
Nos Estatutos do Clúster Alimentario de Galicia defínese a estrutura organizativa da asociación, que está composta por:
- Órganos de goberno, que exercen a dirección e administración da asociación, sendo: o/a Presidente/a, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
- Órganos temporais de carácter técnico para o asesoramento ou desenvolvemento de actividades específicas de índole científico-técnolóxico ou técnico, sendo a súa constitución aprobada pola Xunta Directiva para unha finalidade concreta. Estes poden encadrarse en tres categorías: comisións, grupos consultivos e grupos de traballo.
A xunta directiva ten coma atribución principal é dirixir as actividades da asociación e está integrada por un grupo de directivos das empresas e representantes das principais entidades e organizacións cun papel destacado no sector alimentario galego. A programación de actividades é definida polas comisións que achegan ampla experiencia e saber facer no seu ámbito de competencia, mentres que os grupos consultivos e grupos de traballo son os que definen e executan accións específicas.
As comisións e as súas áreas competencias son definidas no Plan Estratéxico, alíñandose cos eixes centrais de actuación recollidos no mesmo:
- Comisión de Mercados e Internacionalización
- Comisión de I+D e Innovación
Asemade, defínese a constitución dunha Comisión Institucional, coa finalidade de establecer un canal de relación estable coas distintas institucións e organismos públicos.
A súa vez, as comisións definen a creación de subcomisións especializadas, grupos de traballo en temas específicos que planifican e executan accións e proxectos concretos, de xeito colaborativo, deste xeito téñense configurado as seguintes:
- Comisión de innovación e I+D:
- Alimentos funcionais: nutrición e saúde
- Novas tecnoloxías de procesado,envasado e conservación
- Produción agrogandeira sustentable e de calidade
- Novos produtos e valorización de materias primas e coprodutos
- Comisión de mercados e internacionalización:
- Gran distribución
- Foodservice
- Gourmet
- Internacionalización















































