×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia define a estrutura organizativa nos estatutos da asociación, e no regulamento de réxime interno estando composta por dous tipos de órganos:

  • Órganos de goberno, que exercen a dirección e administración da asociación: o/a Presidente/a, o/a Vicepresidente/a e a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
  • Órganos temporais de carácter técnico para o asesoramento ou desenvolvemento de actividades específicas de índole científico-técnolóxico ou técnico. Estes poden encadrarse en tres categorías: comisións, grupos consultivos e grupos de traballo.

A xunta directiva ten coma atribución principal dirixir as actividades da asociación, estando integrada por un grupo de directivos das empresas e representantes das principais entidades e organizacións cun papel destacado no sector alimentario galego.

A programación de actividades é definida polas comisións que achegan ampla experiencia e saber facer no seu ámbito de competencia, mentres que os grupos consultivos e grupos de traballo son os que definen e executan accións específicas e desenvolven proxectos concretos de xeito colaborativo.

As comisións e as súas áreas competencias son definidas no Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia, alíñandose cos eixes centrais de actuación recollidos no mesmo: a Comisión de Mercados e Internacionalización e a Comisión de I+D e Innovación. Asemade, defínese a constitución dunha Comisión Institucional, coa finalidade de establecer un canal de relación estable coas distintas institucións e organismos públicos. Á súa vez, as comisións definen a creación de subcomisións especializadas, en temas específicos, completando o organigrama do CLUSAGA.

Por outra banda a unidade de intelixencia tecnolóxica e competitiva (unitec) integra o equipo de persoal do Clúster Alimentario de Galicia que ten coma misión implementar e dinamizar as medidas e actuacións definidas no Plan Estratéxico e coordinar o funcionamento das comisións e grupos de traballo.