×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia 2016-2020 defínese en catro eixes de actuación xerarquizados en dous eixes centrais (E1 e E3), un eixe dinamizador horizontal (E2) e un eixe instrumental (E4), que contribúen aos obxectivos estratéxicos e que se concretan en medidas, liñas e actuacións concretas.

  • E1. Impulso da I+D+i e reforzo da capacidade innovadora
  • E2. Capital humano, emprendemento e avance cara a fábrica do futuro
  • E3. Mercados e internacionalización; acceso a novos mercados e adaptación ás tendencias de consumo
  • E4. Consolidación e proxección do Clúster Alimentario de Galicia

Ademais, nos diversos ámbitos de actuación, diferénciase unha escala de obxectivos operativos e actividades, de menor a maior nivel, en canto á cooperación entre os axentes implicados: (i) captar e difundir información estratéxica; (ii) identificar retos estratéxicos e potenciais sinerxías; (iii) avaliar as sinerxías potenciais identificadas e (iv) identificar e promover grupos de cooperación con intereses común para xerar proxectos de cooperación. Deste xeito impúlsase a dinámica de cooperación, paralela á competencia, entre axentes do sector, xa que o traballo en rede entre os socios do CLUSAGA constitúe un aspecto clave para a consecución dos obxectivos.

Plan estratexico Clusaga