×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia é o organizador dos Premios Galicia Alimentación. Premios ao emprendemento, cooperación, innovación e á Internacionalización, para os que a organización conta con colaboradores e patrocinadores de carácter público e privado.

O obxectivo é contribuír a promocionar os produtos alimentarios e as bebidas, os proxectos e as empresas e institucións relacionados, mellorar a súa imaxe e posición de maneira que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector alimentario, como da sociedade en xeral. Búscase estimular aos diferentes elementos da cadea alimentaria na produción, transformación, distribución, utilización, coñecemento e consumo destes alimentos, así como, recoñecer o seu esforzo comercial, innovador, de desenvolvemento sustentable.

Valórase a traxectoria empresarial ou asociativa, a transferencia de coñecementos tecnolóxicos e I+D nos produtos, así como nos procesos, que melloren a calidade de vida dos consumidores e a relevancia socioeconómica, o impacto no mercado nacional e internacional ou o carácter innovador dos mesmos.

As categorías recollidas nas bases son:

  • Premio Galicia Alimentación ao produto innovador
  • Premio Galicia Alimentación ao proxecto empresarial
  • Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado e internacionalización
  • Premio Galicia Alimentación á proxección do sector alimentario

Galicia Alimentación 2017