×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia cataliza as sinerxías para o establecemento de alianzas e define actuacións de análise, exploración e implantación conxunta no exterior co fin da mellora do posicionamento nos mercados internacionais.

Nesta liña definiu coma primeiro mercado no seu desenvolvemento internacional a China, o maior mercado de consumo alimentario mundial. En 2013 o clúster funda GLC Food & Drink China S.L. co apoio do IGAPE e a participación de empresas socias, que estableceu a unidade de negocio operativa en China: Shanghai Galicia Business Consulting Co Ltd, a plataforma de comunicación e cooperación entre as empresas galegas e institucións, distribuidores e consumidores chineses, cos obxectivos:

  • Desenvolver a visibilidade dos produtos alimentarios e viños de Galicia en Clúster en China, posicionando a marca Galicia no mercado chinés, estendendo a súa rede de contactos con institucións e medios de comunicación locais.
  • Analizar a información de intelixencia de negocio no mercado chinés para as empresas.
  • Apoiar as empresas no desenvolvemento e consolidación do mercado, incrementando a súa presenza e reactividade no mercado, a través do establecemento e extensión da rede de contactos comerciais.

O CLUSAGA definiu coma segundo mercado no seu desenvolvemento internacional aos Estados Unidos de América, coma mercado alimentario de valor estratéxico. En 2014 o clúster funda GLC Food & Drink USA S.L. co apoio do IGAPE e a participación dun consorcio de empresas socias, establecendo a unidade de negocio operativa en New York: Galicia Food & Drink USA Corporation coma plataforma de acceso ao mercado. Nunha segunda fase en 2015 incorporase un segundo consorcio de empresas na plataforma establecida no mercado norteamericano.