×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Cos obxectivos de promover a internacionalización, reforzar a presenza nos segmentos de mercado con maior expansión e reforzar a imaxe de marca Galicia no ámbito alimentario, o Clúster Alimentario de Galicia realiza diversas actuacións de promoción a nivel internacional.

En particular, a participación conxunta en feiras e outros eventos de interese, tanto de ámbito nacional como internacional, a organización de showrooms e demostracións de ámbito profesional e a organización de actividades de promoción conxunta dos produtos alimentarios galegos con supermercados e grandes cadeas de distribución.

A participación dos socios do CLUSAGA en eventos internacionais canalízase a través dos organismos públicos e privados colaboradores que organizan respectivamente os pavillóns institucionais de España (ICEX e FIAB) e Galicia (Consellería do Medio Rural e do Mar) e complementariamente as misións directas asociadas a feiras dentro do Plan FOEXGA (IGAPE).

O Cluster participa no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2017. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2017.

Como apoio ao proceso de internacionalización, o Cluster Alimentario de Galicia, ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial mais competitivo".

O obxectivo do Programa Exporta OOII 2017 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.