×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Premio Galicia Alimentación á proxección sectorial premia a institucións e organizacións que se distingan polo seu labor en favor do apoio ás iniciativas empresariais, ao emprendemento e á innovación no sector. Así mesmo, a traxectoria e o traballo desenvolvido por institucións situadas fóra e dentro de España que se distingan polo seu labor en favor da promoción da calidade, a imaxe dos produtos alimentarios e bebidas galegas.

Na Edición 2017 a entidade galardoada foi ANFACO-CECOPESCA. É unha organización empresarial independente, fundada en 1904, cuxa labor se centra na representación e defensa dos intereses de máis de 230 empresas, conformando desta forma un autentico clúster no ámbito do sector agro-mar alimentario, estando o seu foco central en Galicia, onde ten a súa sede en Vigo.

ANFACO desenvolve unha importante actividade en prol do sector transformador e conserveiro de produtos do mar na representación ante as diferentes administracións e organizacións e provee servizos especializados co fin último de potenciar a competitividade do sector ao que representa. CECOPESCA é un Centro Tecnolóxico privado de ámbito estatal integrado na asociación, consolidado coma un centro de referencia a nivel nacional e internacional no ámbito mariño e alimentario, converténdose en axente dinamizador do I+D+i empresarial.