×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Premio Galicia Alimentación ao proxecto empresarial recoñece os proxecto de especial relevancia destacada ou singular que destaque pola súa innovación en organización ou produción e modelo de negocio, así como a súa estratexia de mercadotecnia, cun valor asociado ao emprendemento.

A empresa galardoada con este premio na primeira Edición do 2015 foi Portomuiños, polo seu proxecto empresarial de especial relevancia e singularidade. O seu traballo caracterízase pola procura de novas materias primas do mar de Galicia, a súa valorización na constante innovación en formulación de produtos, así como a súa singular estratexia de marketing e de internacionalización.

Na segunda Edición do 2016 concedeuse este premio ex aequo a Kiwi Atlántico e a empresa Freshcut. Os aspectos polo que valoraron a Kiwi Atlántico foron o valor emprendedor dos primeiros socios, s súa política de calidade, responsabilidade social e ambiental declarada pola empresa coma bases fundamentais da súa identidade, e a súa politica de innovación. Pola súa banda, os motivos para a concesión do premio a Freshcut foron a inclusión sociolaboral en canto a súa faceta de centro especial de emprego, que busca a integración laboral de persoas de colectivos especiais para a súa integración social, asi coma por ser unha empresa comprometida co ambiente e sostible.

Na terceira Edición 2017 as empresa galardoadas ex aequo co premio foron Casa Grande de Xanceda e Pazo de Vilane. Casa Grande de Xanceda, fundada nos anos 60 coma unha pequena granxa familiar de vacún en Mesía. Hai uns anos construíron a súa propia fábrica na que transforman ese leite das súas vacas en iogures, queixos e outros produtos lácteos ecolóxicos de xeito sostible. Pazo de Vilane convertese nun proxecto pioneiro na produción de ovo de galiñas en Galicia, reactivando a economía rural, facendo énfase no papel e desenvolvemento da muller. Ademais, fomenta a cultura na comarca da Ulloa coa realización de actividades sociais e culturais.