×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Asociado ao Eixo 1 do Plan Estratéxico Impulso da I+D+i e reforzo da capacidade innovadora definiuse o obxectivo central da Axenda Estratéxica de Innovación (AEI): posicionar ó sector alimentario galego como provedor de produtos alimentarios seguros, funcionais e de calidade diferenciada.

En particular o apoio á cooperación e a posta en marcha de proxectos colaborativos entre empresas, centros tecnolóxicos e de investigación é un obxectivo estratéxico para implantar solucións innovadoras e desenvolver e comercializar novos produtos adaptados ás tendencias de consumo.

Deste xeito o Clúster Alimentario de Galicia define cinco medidas de apoio á innovación, asociadas a actuacións de apoio:

  • Medida 1. Desenvolvemento de servizos de apoio I+D+i.
  • Medida 2. Aproveitamento do potencial do sistema galego de I+D no ámbito alimentario; potenciación do networking.
  • Medida 3. Promoción de proxectos colaborativos de I+D+i.
  • Medida 4. Promoción de proxectos dirixidos a xerar novas liñas de negocio e incrementar o valor engadido.
  • Medida 5. Identificación e elaboración de proxectos singulares e estratéxicos de I+D+i en particular a nivel europeo.