Tecnoloxías
A vixilancia tecnolóxica é un proceso organizado, selectivo e permanente, de captación información do exterior e da propia organización no ámbito científico-tecnolóxico, selección, análise e difusión para convertela en coñecemento útil para a toma de decisións e poder anticiparse aos cambios. Deste xeito, a Vixilancia Tecnolóxica permite coñecer cambios das tecnoloxías próximos á nosa contorna e definir estratexias para elvar os esforzos organizacionais cara a novas tendencias e innovar en procesos produtivos e produtos.
Con este obxectivo a Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (Ptgal) pon á disposición dos membros dos grupos de traballo informes periódicos e estudos de vixilancia tecnolóxica especializados na procura e análise de patentes e artigos técnicos, así como na detección de tecnoloxías emerxentes da alimentación. Pódense consultar os informes de vixilancia tecnolóxica, orientada aos grupos de traballo da Plataforma, no seu Observatorio.















































