×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto 'TITTAN', siglas en inglés de 'Translation, Innovation & Techonology Transfer in Ageing Network', ten como finalidade o intercambio e implementación de sistemas tecnolóxicos no ámbito da saúde entre distintas rexións de europeas, centrado principalmente no envellecemento activo da poboación.

No proxecto participan organismos do ámbito da innovación en saúde de Alemaña, Escocia, Italia, País Vasco, Polonia, Holanda e Galicia, estando liderado na nosa comunidade pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e no que colaboran outras entidades como o Clúster Alimentario de Galicia.

As tres liñas de actuación do proxecto TITTAN son:

  • Intercambio de boas prácticas para potenciar a adopción de desenvolvementos tecnolóxicos desde o exterior aos sistemas sanitarios.
  • Intercambio de boas prácticas sobre como potenciar a transferencia de tecnoloxías desde os sistemas sanitarios cara o exterior.
  • Impulso da concienciación dos cidadáns sobre o desenvolvemento tecnolóxico para a xestión do envellecemento, así como reflexión sobre cómo o conxunto da sociedade pode beneficiarse desta aposta pola tecnoloxía.

Para a súa execución prevéronse dúas fases: a primeira, que se estenderá ata setembro de 2016, na que se manterán reunións e talleres entre os axentes implicados para o intercambio de boas prácticas a nivel europeo e a elaboración dun plan de actuación có fin de implementar esas experiencias e ideas.

A segunda fase terá como obxectivo implementar os plans elaborados anteriormente, así como un proceso de monitoraxe das accións para poder ofrecer ás rexións participantes a oportunidade de reorientar o uso de fondos estruturais cara políticas máis efectivas no ámbito do envellecemento activo da poboación.

O Programa Interreg

O Programa Interreg apoia o desenvolvemento rexional no suroeste de Europa financiando proxectos transnacionales a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O Programa promove a cooperación transnacional para resolver problemas comúns ás rexións europeas, como o baixo investimento en investigación e desenvolvemento, a baixa competitividade da pequena e mediana empresa e a exposición ao cambio climático e a riscos ambientais.