Visión e estratexia
O Clúster Alimentario de Galicia xerará liderado e pensamento estratéxico. O liderado do Clúster Alimentario de Galicia basearase en transformar visións e plans en accións, atopando os medios e enerxía, para desenvolver novas ideas, coa sofisticación de estratexias empresariais e creando solucións prácticas aproveitando as oportunidades. Para iso agruparanse os recursos e competencias dos principais axentes, póndoos a traballar nun obxectivo común, de xeito máis efectivo.
O Clúster Alimentario de Galicia persegue a mellora da posición competitiva dos seus asociados, co conseguinte incremento da rendibilidade de xeito sustentable. Para acadar iso, o cluster segundo o seu plan estratéxico, establecerá as bases de accións conxuntas de xeito que, aproveitando o alto potencial do sector, se acade un crecemento significativo, segundo os seguintes eixes estratéxicos de actuación:
- Dous eixes centrais nos que se vai a focalizar:
Eixo 1. Impulso da I+D+i e reforzo da capacidade innovadora
Eixo 3. Mercados e internacionalización; mellora da comercialización e acceso a novos mercados
- Un eixe complementario:
Eixo 2. Mellora da produtividade, dos procesos e a sustentabilidade
- Dous eixes instrumentais:
Eixo 4. Fomento da cooperación empresarial e o traballo en rede (interno e externo)
Eixo 5. Dinamización, consolidación e visibilidade do Clúster Alimentario de Galicia
O traballo nos diversos ámbitos de actuación será observar o panorama xeral, analizar os mercados, anticipar tendencias e establecer prioridades e estratexias de posicionamento no mercado. Impulsar a cooperación, con acordos, redes e alianzas comerciais entre as empresas e proxectos conxuntos con outros axentes. Ademais de construír o valor intanxible dunha marca, asociada a Galicia, que sexa recoñecida e valorada internacionalmente como de excelencia en alimentos e bebidas.















































