×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) configúrase como un instrumento fundamental para a mellora da competitividade das empresas. As debilidades que arrastra o sector e as ameazas ás que se enfronta, froito dos cambios na contorna, fan máis necesaria unha acción conxunta dos diversos axentes co fin de afrontar en mellores condicións as actuacións precisas baixo o liderado do CLUSAGA, como aglutinante do sector alimentario galego.

Deste xeito ao desenvolver unha visión e aplicala, o Clúster Alimentario de Galicia, agrupando os recursos e as competencias dos principais axentes da cadea de valor dos alimentos e bebidas, traballando nun obxectivo común de xeito máis efectivo, segundo un plan estratéxico, e establecendo as bases de accións conxuntas, aproveitando o alto potencial do sector, poderá acadar un crecemento significativo de xeito sustentable.

O Plan Estratéxico 2016-2020 recolle cinco obxectivos estratéxicos entre os que están: desenvolver a cultura de innovación e favorecer a difusión e aplicación do coñecemento, impulsar a creación de valor, a través de novos produtos e/ou procesos e a seguridade e calidade dos alimentos, mellorar a produtividade e sustentabilidade e avanzar cara a fábrica do futuro, reforzar o posicionamento nos mercados; internacionalización e adaptación ás tendencias do consumo e potenciar a dinámica de cooperación e traballo en rede dos socios do clúster, e consolidar a estrutura e proxección do CLUSAGA.

Estes obxectivos acadaranse mediante a execución do Plan Estratéxico, desenvolvendo as medidas e actuacións previstas, aliñado coas estratexias sectoriais a nivel autonómico, estatal e europeo, xerando un efecto de arrastre no conxunto do sector alimentario galego nos diversos ámbitos de actuación.

Plan Estratéxico 2016- 2020