×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Convocatoria da III Edición dos Premios Galicia Alimentación 2017

28 Feb 2017

O Clúster Alimentario de Galicia é o organizador da terceira edición dos Premios Galicia Alimentación. Premios ao emprendimiento, cooperación, innovación e á internacionalización en 2017, para os que a organización contará con colaboradores e patrocinadores de carácter público e privado.

Ler máis

Convocatoria de premios e proxectos piloto Industria 4.0

27 Xan 2017

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) vén de publicar as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos Piloto Industria 4.0 (II Piloto Industria 4.0) en Galicia, cofinanciados polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ler máis

Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria

22 Dec 2016

A Clúster Alimentario de Galicia ven colaborando coa acción promovida pola Fundación Juana de Vega e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, a fin de promocionar a adhesión ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria, regulado pola Lei 12/2013, de 2 de agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.

Ler máis

Programa de Capacitación: Industria 4.0.

18 Dec 2016

As empresas galegas enfróntanse a importantes retos para sacar o máximo partido ás oportunidades que se abren coa novo paradigma da industria 4.0. Consciente da necesidade das empresas de contar con persoal cualificado para afrontar estes novos retos, CLUSAGA, en colaboración con GRADIANT, AINIA, AIMEN e INOVA, expón a formación e capacitación a persoal de empresas asociadas ao clúster para que obteñan un maior coñecemento sobre as tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0.

Ler máis

Packaging Design Competition

Edificio Feuga. Santiago de Compostela

10 Out 2016

O Clúster Alimentario de Galicia considerou establecer un concurso público a fin abordar o paquete de traballo PT.3 do Proxecto Servizo de apoio á comercialización e promoción de productos do mar, onde o eido do colectivo do deseño, marketing e comunicación de Galicia puidesen realizar as súas achegas de propostas segundo os criterios técnicos que se mencionan neste prego.

Ler máis

Servizo de apoio á comercialización e promoción de produtos do mar

10 Out 2016

O servizo de apoio á comercialización e promoción de produtos do mar, prestado polo Clúster Alimentario de Galicia está impulsado pola Consellería do Mar co apoio do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, ten coma obxectivo axudar ás empresas a definir unha estratexia optimizada para a comercialización dos seus produtos.

Ler máis

Convocatoria do Programa Responsabilízate

Consellería de Economía, Emprego e Industria

16 Set 2016

A Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha o programa Responsabilízate, co que ofrecerá servizos de tutela en responsabilidade social ás empresas seleccionadas, a través do acompañamento real dun titor experto na RSE, co obxectivo de mellorar a competitividade e eficiencia das pequenas e medianas empresas que desexen solicitar a súa tutela.

Ler máis

Bolsas de internacionalización en empresas do Instituto de Comercio Exterior- ICEX

Instituto de Comercio Exterior- ICEX

14 Set 2016

O Instituto de Comercio Exterior- ICEX convoca o Programa de Becas en Empresas 2017, que pon a disposición das empresas españolas a profesionais titulados universitarios cun Máster de Comercio Exterior no ICEX e un ano de traballo no ICEX ou nunha Oficina Económica e Comercial das Embaixadas de España no exterior.

Ler máis

Programa de prácticas profesionais de estudantes de grao e postgrao en entidades asociadas ao clúster

13 Set 2016

O Clúster Alimentario de Galicia en colaboración coas tres universidades galegas, Universidade de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, realiza a xestión dun programa de prácticas dos estudantes de grao e postgrao nas empresas asociadas ao clúster.

Ler máis

Premios de Alimentos de España. Edición 2016

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

6 Ago 2016

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, convoca anualmente os Premios "Alimentos de España" en recoñecemento aos profesionais ou entidades que colaboran en impulsar este sector da economía nacional. No ano 2016, estes premios alcanzan o seu XXIX edición e conta coa modalidade de 8 categorías de premios.

Ler máis

Servizos de análise potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico. Programa Reacciona

Instituto Galego de Promoción Económica

3 Ago 2016

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) aprobou as bases reguladoras das axudas ao servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (Programa Re-Acciona) para as Pemes galegas.

Ler máis

Convocatoria de axudas a Industria Conectada 4.0

Ministerio de Enerxía, Industria e Truismo

8 Xul 2016

O Ministerio de Enerxía, Industria e Turismo (MINETUR) acaba de publicar a convocatoria de axudas financeiras a proxectos de I+D+i no ámbito da Industria Conectada 4.0 para o desenvolvemento de proxectos de investigación industrial e proxectos de desenvolvemento experimental, así coma proxectos de innovación en materia de organización e procesos de pequenas e medianas empresas.

Ler máis

Convocatoria Programa crecemento empresarial

7 Xul 2016

A Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa (SGIPYME) convoca o Programa de crecemento empresarial co obxectivo de mellorar a capacidade de crecemento e a competitividade das PEMES industriais do sector da alimentación.

Ler máis

Convocatoria Programa Principia

Axencia Galega de Innovación

15 Xuño 2016

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) convoca as axudas do Programa Principia dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i.

Ler máis

Bases da convocatoria de axudas a proxectos de I+D+i no ámbito da industria conectada 4.0

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

8 Xuño 2016

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ven de publicar as bases reguladoras da concesión de préstamos para proxectos de investigación industrial e proxectos de desenvolvemento experimental, asi coma proxectos de innovación en materia de organización e procesos, enmarcados nas Áreas Estratéxicas da Industria Conectada 4.0.

Ler máis

Programa de bolsas para a alta formación de directivos de empresas da cadea alimentaria

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

31 Maio 2016

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente publicou a convocatoria de bolsas para a alta formación para xestores e directivos de empresas da cadea alimentaria, para accións formativas na modalidade de longa duración.

Ler máis

Programa de apoio a solucións de computación na nube para PEMEs

Ministerio de Industria, Energía e Turismo

26 Maio 2016

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través de Red.es convoca axudas asociadas ao Programa de fomento da demanda de solucións de computación na nube para pequenas e medianas empresas.

Ler máis

Convocatoria Programa Feder Interconecta

CDTI

29 Abr 2016

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), aproba a convocatoria para o ano 2016 do procedemento de concesión de subvencións destinadas a fomentar a cooperación rexional en investigación e desenvolvemento (Programa FEDER INNTERCONECTA).

Ler máis

II Edición dos Premios Galicia Alimentación

6 Abr 2016

O Clúster Alimentario de Galicia, convoca a II Edición dos Premios Galicia Alimentación con fin de incentivar a promoción dos produtos alimentarios e bebidas galegas, os proxectos e as empresas e institucións relacionadas e mellorar súa imaxe e posición.

Ler máis

Reindustrialización e fomento da competitividade industrial

20 Feb 2016

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo aprobou un marco normativo para o financiamento de proxectos de investimento para a mellora da competitividade industrial ou que contribúan á reindustrialización

Ler máis

Liñas de axudas de aforro e eficiencia enerxética 2016

Instituto Enerxético de Galicia

29 Dec 2015

As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e servizos.

Ler máis

Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014- 2020

Consellería do Medio Rural

29 Dec 2015

Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014- 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

Ler máis

Proxectos de Investimento en Equipos Produtivos 2016

Instituto Galego de Promoción Económica

29 Dec 2015

Axudas a proxectos dirixidos a investimentos en maquinaria e outros bens de equipamento para ampliacións de capacidade, diversificación da produción ou cambio esencial no proceso de produción dun establecemento existente.

Ler máis

Premios e Axudas aos Proxectos Piloto Fábrica 4.0 en Galicia 2016

Instituto Galego de Promoción Económica

29 Dec 2015

Bases para a regulación da concesión dun premio a un máximo de catro proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

Ler máis

Programa ICEXNEXT de apoio á internacionalización da PEME

ICEX-NEXT

29 Dec 2015

As axudas reguladas nesta convocatoria do ICEX teñen por finalidade acelerar e consolidar o crecemento internacional de PEMES españolas non exportadoras ou exportadoras non consolidadas que conten cun proxecto competitivo.

Ler máis

Proxectos de Investimento Xeradores de Emprego 2016

Instituto Galego de Promoción Económica

29 Dec 2015

Axudas dirixidas a investimentos en obra civil e maquinaria e outros bens de equipamento para a creación dun novo establecemento ou ampliación dun xa existente que presentan un elevado potencial de creación de emprego directo e indirecto.

Ler máis

Programa de axudas ás accións de Promoción Exterior das Empresas Galegas - Galicia Exporta

Instituto Galego de Promoción Económica

29 Dec 2015

Axudas para incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Ler máis

RE-SOLVE 2016: Apoio ao Acceso ao Financiamento Operativo

Instituto Galego de Promoción Económica

29 Dec 2015

Programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.

Ler máis

Galicia Emprende - Axudas do Igape para Novos Emprendedores 2016

Instituto Galego de Promoción Económica

28 Dec 2015

Axudas para novos emprendedores coa finalidade de fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento.

Ler máis

Programa de Axudas á contratación de Xestores de Internacionalización 2016

Instituto Galego de Promoción Económica

28 Dec 2015

Axudas para facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización mediante prácticas en empresas ao mesmo tempo que se apoia as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo a súa disposición profesionais con formación especializada, subvención para a súa contratación e titorización do xestor durante o período de contratación subvencionable.

Ler máis

Programa Conecta Peme IN852A

Axencia Galega de Innovación

22 Dec 2015

Axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as Pemes e os demais axentes do sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia

Ler máis

Calendario de actividades de promoción internacional Foods & Wines From Spain 2016

FIAB / ICEX / MAGRAMA

15 Dec 2015

A Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB), o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) e o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) publican un programa de actividades de promoción internacional do 2016 para as empresas do sector alimentario.

Ler máis

Programa Bonos de Innovación IN851B

Axencia Galega de Innovación

16 Set 2013

Programa da Axencia Galega de Innovación para fomentar a participación das pemes galegas en programas de I+D+i a nivel nacional e internacional mediante bonos de financiamento.

Ler máis