Calidade e excelencia
Un obxectivo do cluster alimentario é asegurar a máxima calidade dos seus aprodutos e acadar o recoñecemento de Galicia coma polo de excelencia en alimentacion a nivel internacional.
A calidade dos alimentos é o conxunto de calidades que fan aceptables os alimentos aos consumidores. Estas calidades inclúen tanto as percibidas polos sentidos (calidades sensoriais): sabor, aroma, cor, textura, forma e aparencia, tanto como as microbiolóxicas e as químicas.
A calidade dos alimentos é unha das caracteristicas mais demandadas aos produtos alimentarios polo consumidor actual. Nesta dirección o cluster traballa para o recoñecemento e certificación da calidade dos produtos alimentarios e as bebidas de Galicia.




























































