Cooperación

Os clusters, en xeral, permiten que se produza o que se denomina o paradoxo da economía rexional na era da competencia global. Ditos clusters son definidos como concentracións xeográficas de empresas relacionadas, incluindo as empresas competidoras, as provedoras, as complementarias e ao ámbito tecnolóxico e educativo, ademáis de ao goberno e a outras institucións de interese. 

No cluster as empresas compiten e cooperan entre si. A maior competencia, maior estímulo ao desenvolvemento tecnolóxico, mentres o intercambio de información e o acceso a novos mercados son as áreas máis frecuentes de cooperación. Este ambiente xera condicións de competitividade pois pode reducir custos, prover insumos de superior calidade e impulsar a creación de valor asociada á imaxe do territorio. Ademais no marco dun elevado desenvolvemento para un conxunto de produtos xérase unha sofisticación da demanda, especialmente no caso de alimentos e bebidas.

É por iso que o Clúster define no seu plan estratéxico un eixe de fomento da cooperación empresarial e o traballo en rede con accións de impulso da cooperación e o traballo en rede e de apoio á constitución de redes e consorcios. así coma a promoción e defensa dos intereses conxuntos.