As hamburguesas e salchichas de peixe de Calvo ven de acadar o premio Sabor del Año 2011

As hamburguesas e salchichas de peixe de Calvo ven de acadar o premio Sabor del Año 2011

Premio sabor del año 2011 na categoría pratos preparados

30 Xan 2011

Sabor del Año está deseñado para validar a calidade e o sabor dos produtos alimentarios ao sometelos a un exame do sabor. Durante unha cata rigorosa, o laboratorio de avaliación sensorial, cada produto candidato é probado e avaliado por un panel de consumidores independentes. É unha proba sen concesións, sobre a base de estritas normas metodolóxicas.

Quen participa?

Poden participar produtos de calquera empresa, de calquera categoría: das pequenas empresas ou de grandes grupos. Poden participar novos produtos: produtos que mostran unha nova receita ou produtos que os fabricantes queren relanzar, ou produtos que leven varios anos no mercado. En definitiva, ponse de manifesto todos os tipos de produtos que deleitan o padal dos consumidores habitualmente.

Mais información en http://saboresyconsumidores.com