Comunicación da Comisión Europea sobre a nova Política Agraria Común
16 Feb 2012
José Manuel Silva, Director Xeral de Agricultura da Comisión Europea, presentou hoxe, na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, o avance da nova Política Agraria Común, que estará vixente no período 2013-2020, e que ten coma un dos obxectivos a integración e mellora de toda a cadea alimentaria.
A Política Agraria Común reformada, debe entrar en vigor despois de 2013. A Comisión lanzou o proceso de reforma da PAC, con base nun amplo debate público previo, o 18 de novembro de 2010, a Comisión presentou unha comunicación sobre "O PAC cara o 2020". A Comunicación delineou diversas opcións para o futuro da PAC e lanzou unha consulta con outras institucións e partes interesadas. Estas contribucións forman parte integrante das propostas lexislativas que serán debatidas para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2014.
Os tres obxectivos estratéxicos da nova política serán o aumento da competitividade, a sustentabilidade e a eficacia. destacando coma prioridades a innovación e o funcionamento mellorado de toda a cadea alimentaria, implicando aos produtores primarios, a industria e a distribución, ata o consumidor.















































