×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto e finalidade

O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas ao financiamento (cheques) e apoio técnico (servizos) para o desenvolvemento de ideas innovadoras e proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación en produto e no ámbito da nutrición personalizada para a poboación senior no marco do proxecto europeo Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver

Marco da convocatoria

O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos dende a cooperación de distintos sectores.

A economía sénior refírese á actividade económica e consumo relacionado co segmento poboacional de máis de 50 anos, deriva da emerxencia de novos mercados de consumo e do envellecemento da poboación. No proxecto INCluSilver, o Clúster Alimentario de Galicia traballa no fomento da innovación en produtos e servizos personalizados de nutrición que atendan a esta poboación.

INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clústeres, liderados por Skane Food Innovation Network, de Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020. Está financiado no Programa Europeo Horizonte 2020 co obxectivo xeral de apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores que facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación sénior.

Beneficiarios

As Pequenas e Medianas Empresas (PEMES) dos sectores relacionados coa saúde, alimentación e tecnoloxías da información e comunicación e outras áreas complementarios poden obter apoio financeiro directo (cheques de innovación) e técnico (a través de servizos de apoio á innovación) para aumentar a capacidade de innovación. Ademais de asesoramento individualizado, actividades de formación avanzada e unha contorna colaborativa virtual de apoio á innovación aberta.

Financiamento

As pequenas e medianas empresas (PEMES) de Galicia poden agora solicitar online para recibir ata 60.000€ de axuda financieira para desenvolver ideas innovadoras, produtos e tecnoloxía no campo da nutrición personalizada para o grupo de consumidores da poboación sénior.

- Cheque Idea Innovadora. 3.000€. Axudar á maduración de ideas de proxectos e para a definición de colaboracións internacionais financia a participación e os custos de viaxe de dúas actividades de formación e networking de innovación: a primeira en Budapest 15 novembro de 2017

- Cheques Proposta de Innovación

  • Cheque Escalabilidade e Internacionalización. 20.000€. Transferencia dunha innovación ao mercado, dentro e fóra da UE (deseño, análise de mercado, consultoría internacional).
  • Cheque Demostración. 60.000€. Demostración do nivel de madurez tecnolóxica en contexto operacional en colaboración con living labs (bancos de probas reais) e sistemas de demostración a gran escala.
  • Cheque Transferencia Tecnolóxica. 20.000€. Valoración do potencial de transferencia de tecnoloxía ou know-how a outro sector, ou de resolución dun problema técnico que permita á transferencia.
  • Cheque análise de viabilidade económica. 10.000€. Apoio a decisións estratéxicas. Elaboración de análise en profundidade da competencia (marcas, produtos, etc.) e condicións da contorna e normativas.

Complementariamente a financiación os proxectos seleccionados podes solicitar apoio dos servizos de coaching e mentorización en (1) Branding & RP (2) Modelo de negocio (3) Captación de fondos / Acceso a financiación (4) Presentación ante inversores (5) Internacionalización (6) Incubación / Coubicación.

Solicitude e máis información

Os solicitantes deberán presentar unha Idea ou Plan de innovación no modelo tipo da convocatoria. O plan deberá permitir ampliar e consolidar a capacidade innovadora da empresa no ámbito da nutrición personalizada en poboación sénior. O modelo de aplicación pode descargarse na web do proxecto.

O Prazo de presentación Idea Innovadora remata o 15 de outubro 2017 o prazo de presentación de Proposta de Innovación remata o 15 de decembro 2017.

Cheque idea Cheque proxecto Mais info Solicitude info

inclusilver@clusaga.org

Financiado por

INCluSilver está financiado no Programa europeo de investigación e innovación Horizonte 2020 segundo o acordo 731349. INCluSilver is funded under the Industrial Leadership Pillar within Horizon 2020 Framework (Innovation Action for SMEs) under grant agreemment 731349.