Curso de comercialización de produtos alimentarios

19 Xan 2012

O clúster alimentario ofrece un novo programa formativo, con accións especializadas no ámbito do sector que abranguen distintas áreas da empresa alimentaria. As accións formativas están subvencionadas pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo.

A acción formativa de comercialización de produtos alimentarios está dirixida a xerentes, técnicos e directores comerciais das empresa alimentarias co obxectivo de dotar ós participantes dos coñecementos e competencias necesarias que lles permitan definir técnicas de comercialización e mercadotecnia dun produto alimentario.

Obxectivos do curso:

O obxectivo da acción formativa é dotar ós participantes dos coñecementos e competencias necesarias que lles permitan definir técnicas de comercialización e mercadotecnia dun produto alimentario.

-Coñecer a situación do mercado alimentario

-Identificar as diferentes canles comerciais para a venda dun producto

-Adquirir técnicas de mercadotecnia

 

Contidos do curso:

Unidade didáctica 1: Conceptos básicos.

Unidade didáctica 2: Comercialización e posta en valor dos alimentos.

Unidade didáctica 3: Os tratamentos e conservación.

Unidade didáctica 4: Comercialización, envasado, etiquetado.

Datas e horarios:

Maio 2012. As clases presenciais (20 horas), completaranse con 14 horas a distancia.

Localidade de impartición:

Santiago de Compostela

Preinscrición:

poderá realizarse enviando unha mensaxe a info@clusaga.org ou a través do formulario de contacto da web.