O cluster alimentario asina un convenio de colaboración co Portugal Foods

O cluster alimentario asina un convenio de colaboración co Portugal Foods

presentación do convenio de colaboración

15 Dec 2011

O acto de sinatura entre o Pólo de Competitividade e Tecnologia Agro-Alimentar (Portugal Foods) e o Clúster Alimentario de Galicia tivo lugar hoxe na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, no marco da II Conferencia Transnacional ATClusters.

O convenio entre ambas entidades ten como obxectivo establecer a colaboración entre as partes de para unha adecuada cooperación e desenvolvemento de proxectos conxuntos para o aproveitamento das sinerxías e complementariedade entre ambas as entidades. Para iso definirase unha estratexia de colaboración, a tres niveis: promoción de colaboración entre asociados, intercambio de coñecemento e boas prácticas, e desenvolvemento de proxectos comúns e accións conxuntas no exterior. Asemade dentro do marco de colaboración xeral defínese coma eixos estratéxicos: a) alimentos seguros e saudables, b) alimentos respectuosos do medio ambiente e c) dieta atlántica, vinculando a dieta do espazo atlántico europeo e a saúde.

No acto previo de apertura oficial da conferencia internacional que pechou o proxecto ATClusters, Aguilera Navarro, director do Igape, destacou o convenio coma exemplo de vía de colaboración internacional xurdida no marco do programa de cooperación transnacional Espazo Atlántico. Aguilera amosou o seu convencemento de que esta dinámica de cooperación que comezou con ATClusters vaise manter coa posta en marcha do novo proxecto ATC4 Excellence, xa aprobado pola Dirección Xeral de Industria da Unión Europea e dirixido a impulsar a excelencia na xestión dos clúster e a extensión das mellores prácticas de xestión empresarial a nivel internacional. Aguilera Navarro definiu aos clúster como grandes pancas da transformación económica cara a un futuro de recuperación e crecemento.

Ademáis neste encontro participaron a presidenta da autoridade de xestión do Espazo Atlántico, Ana Teresa Lehmann, e a conselleira da DG de Industria da UE Helene-Diane Dage, así como representantes de case medio cento de clúster dos diferentes países que cooperaron nesta iniciativa comunitaria.

Por outra banda ao remate da conferencia os representantes do Cluster Alimentario de Galicia, mantiveron encontros bilaterais sectoriais cos representates do cluster alimentarios West de Francia, Portugal Foods e Reserva Astur, entre outros. E durante a segunda xornada da conferencia a representante do Cluster West puido observar in situ o traballo de varias empresas asociadas ao Cluster Alimentario con visitas a Portomuiños, Feiraco e Martin Codax.