Programa de prácticas de alumnos das universidades galegas en empresas e entidades do cluster

Programa de prácticas de alumnos das universidades galegas en empresas e entidades do cluster

23 Xuño 2011

O clúster conxuntamente coas Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e Coruña realiza a xestión dun programa de prácticas preprofesionais dos estudantes de grao e posgrao reguladas polo convenio marco de cooperación asinado o 4 de maio de 2011, e cos convenios de desenvolvemnto asinados con cada unha das tres universidades.

A oficina unitec asesorará e informará ás empresas e institucións asociadas ao cluster interesadas en participar no programa a través do enderezo info@clusaga.org

O procedemento para a realización de prácticas inclúe:

Convocatoria pública da práctica, previo asesoramento á empresa ou institución empregadora sobre os perfís máis axeitados.

Preselección de candidatos que cumpren os requisitos mínimos establecidos na convocatoria.

Selección do estudante pola empresa ou institución.

Seguimento e avaliación da práctica.