Programa de mellora e integración loxística
5 Nov 2011
Obxectivo
Facilitar a mellora da xestión da función e fluxos loxísticos, de distribución e inversa, das empresas asociadas, e a integración dos mesmos entre as mesmas.
Descrición do proxecto
O proxecto basease na análise e diagnóstico da xestión produtiva loxística dun grupo de empresas do cluster que permita extraer un plan de mellora competitiva individual e definición de sinerxias con outra empresas para accións conxuntas e a viabilidade dunha plataforma loxística conxunta das empresas implicadas. O estudo implica dúas fases:
• Análise da situación loxística en cada empresa e un plan de actuación mellora individual. A Análise inclúe estudo da contorna, o mercado no desenvolve a súa actividade a empresa e o procesos produtivos/loxísticos.
• Recomendacións de coordinación loxística entre as empresas, incluíndo a análise preliminar de accións conxuntas e unha potencial plataforma loxística conxunta.Sobre esta formulación a análise e diagnóstico loxístico en cada empresa desenvolveríase pois un plan de actuación para a mellora das súas actividades loxísticas/produtivas que versaría sobre o seu sistema loxístico/produtivo, contemplando un triplo eixo de análise:
- Os procesos produtivos/loxísticos asociados aos fluxos de materiais e información.
- A estrutura organizativa adoptada para xestionar os procesos anteriores.
- Os indicadores de xestión produtivos/loxísticos existentes, especialmente, de transporte (aprovisionamentos, distribución e loxística inversa), de almacén e de coordinación de produción con transporte e almacén.
Os beneficios esperados en cada empresa coa participación de en este proxecto é o desenvolvemento dunha folla de ruta personalizada para a mellora de xestión das actividades produtivos/loxísticos orientada cara a esa potencial plataforma loxística conxunta que contribúa á mellora dos seus estándares de calidade, servizo e custo e, por tanto, á mellora da súa competitividade.
Información
Pode solicitar mais inforamción no cuestionario de contacto ou en info@clusaga.org















































