Asociarse
Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas, tralo acordo do seu órgano competente, e que reúnan os seguintes requisitos:
A. Das empresas. (a) Ser autónomo ou empresa ou agrupación de empresas de carácter privado con personalidade xurídica validamente constituída. (b) que teña o seu domicilio social e/ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma Galega e o seu ámbito de actividade total ou parcialmente relacionada coa cadea de valor dos alimentos ou considerada de interese para o sector alimentario de Galicia.
B. Doutras entidades (a) Ser una institución, unha entidade ou un organismo, validamente constituído, calquera que sexa a súa forma xurídica. (b) que desenvolvan algunha actividade académica, investigadora, económica ou social, total ou parcialmente relacionada ou considerada de interese para o sector alimentario de Galicia.
As solicitudes de adhesión, que incluirán a solicitude normalizada e a documentación xustificativa de cumprimento dos requisitos, serán aprobadas por resolución da Xunta Directiva, ratificada pola Asemblea.















































