×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Food Matters Live celébrase en ExCel, Londres, do 20 ao 22 de novembro de 2018. É un evento único dedicado á creación de relacións para o futuro da alimentación, bebida e nutrición sostible. En anteriores edicións participaron 800 expositores, 400 poñentes e miles de visitantes da industria mundial da alimentación e bebidas.

Food Matters amosará as innovacións máis relevantes no sector de alimentación e bebidas tanto de retail, foodservice e manofacturas que se están a utilizar para a creación de produtos que se adapten mellor ás necesidades dos consumidores.

É un dos eventos máis importantes do sector que lle permitirá estar á vangarda das últimas tendencias en consumo e innovación industrial. Ofrece tamén a oportunidade de participar en eventos de networking para conectar cos compradores e socios claves do comercio internacional.

As novidades desta edición serán os seminarios enfocados cara as principais tendencias en saúde e benestar, ademáis dun extenso programa de matchmaking que ofrecerá a oportunidade de coñecer a compradores, distribuidores e socios clave. Poderá tamén participar en mesas redondas onde se analizarán as perspectivas do sector e que, xunto aos debates e os seminarios, ofrecerán solucións practicas para problemas claves da industria. A presenza de miles de expositores lle permitirá estar ao tanto das tendencias e retos que impactarán no futuro da alimentación.

A misión directa

A misión directa do Cluster Alimentario de Galicia inclúe o apoio á loxística e a xestión, elaboración da axenda individualizada e conxunta con actividades adicionais.

Programa Inscrición