×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Cluster Alimentario de Galicia, en colaboración coa Asociación Vive Malasaña, organizan a semana da gastronomía galega en Madrid do 24 de novembro ao 3 de decembro de 2017. O obxectivo é dar a coñecer unha selección dos mellores produtos de Galicia, escollidos polo seu valor culinario ademais da súa autenticidade, alta calidade e orixe natural.

Previamente, o 13 de novembro levarase acabo unha masterclass na que destacados chefs realizarán un showcooking. Ademais, catadores e baristas de prestixio expoñerán as principais características dos produtos seleccionados e a súa forma de elaboración e maridaxe. Entre os produtos presentados inclúense alimentos para uso culinario, cafés e leites, viños e outras bebidas alcohólicas.

A xornada temática galega está destinada a profesionais da hostalería e a restauración que queiran facer unha inmersión na utilización dos produtos desta cultura culinaria da man de expertos que nos darán a coñecer a mellor maneira de identificar, tratar, crear receitas e degustacións cos produtos que participan na Semana de Galicia en Madrid.

A inscrición pódese facer no correo electrónico felicidadnoval@yahoo.es ou a través do teléfono 611 233 961 (Felicidad Noval).

Programa