×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia, dentro do programa de accións Meet the buyer e coa colaboración do IGAPE, está a organizar unha misión inversa, entre os días 25 e 28 de setembro de 2017, coa visita a Galicia de dous importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas en Colombia.

A finalidade do programa desenvolto polo clúster é a promoción no mercado colombiano dos produtos alimentarios e bebidas galegas, así como reforzar a súa presenza no mercado a través dos importadores convidados. O obxectivo final é fomentar o establecemento de relacións comerciais entre as empresas produtoras galegas e os diferentes actores do país.

O mercado de Colombia

Colombia, con 49 millóns de habitantes, é a terceira poboación máis numerosa de América Latina. Nos últimos anos a economía colombiana experimentou un significativo auxe grazas ao clima de seguridade xurídica, os incentivos fiscais, a boa xestión macroeconómica e unha significativa entrada de capitais estranxeiros, que deron lugar a altas taxas de crecemento, con baixa inflación e pouco endebedamento público. Ao contrario que a maioría das economías da rexión, a economía colombiana segue medrando por riba do 2% anual.

A entrada en vigor do TLC coa Unión Europea en 2013, permitiu aos produtos europeos unha maior competitividade no mercado. En 2016 as exportacións españolas a Colombia acadaron os 95,6 millóns de euros, un 12% máis que en 2015, centrándose especialmente en aceites e embutidos.

As exportacións galegas a Colombia duplicáronse no último ano, concentrándose especialmente nos sectores pesqueiro (o 59% do total) e cárnico.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en international@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Convocatoria