×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia, dentro do programa de accións Meet the buyer e coa colaboración do IGAPE, está a organizar unha misión inversa, entre os días 19 e 22 de xuño de 2017, coa visita a Galicia de varios importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas en Corea do Sur.

A finalidade do programa desenvolto polo clúster é a promoción no mercado surcoreano dos produtos alimentarios e bebidas galegas, así como reforzar a súa presenza no mercado a través dos importadores convidados. O obxectivo final é fomentar o establecemento de relacións comerciais entre as empresas produtoras galegas e os diferentes actores do país.

O mercado coreano

Corea do Sur, con máis de 50 millóns de persoas, é un dos mercados con maior crecemento de Asia con un volume de comercio exterior que acada o 106% do seu PIB, polo que este mercado resulta de especial interese.

As relacións bilaterais coa Unión Europea víronse reforzadas trala firma do Acordo de Libre Comercio entre Corea e a UE, incrementándose as exportacións en torno ao 46%, segundo datos da Unión Europea. En 2016, o superávit no comercio con Corea acadou os 5. 292 millóns de dólares.

No sector da alimentación e bebidas, as exportacións acadaron en 2016 os 157 millóns de euros, destacando especialmente as exportacións de aceite, froita e legumes e produtos pesqueiros. Outros produtos como os derivados lácteos duplicaron nos últimos anos as súas exportacións.

A misión comercial

A misión desenvolverase os días 19, 20 e 21 de xuño.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha o varias entrevistas, encontros ou visitas, así como a difusión do perfil da súa empresa entre os compradores participantes. As modalidades de participación inclúen a visita a fábrica así como a organización de encontros e entrevistas en Santiago de Compostela.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en international@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062. O prazo de pre-inscrición é limitado ata o dia 6 de xuño.

Convocatoria Inscrición