×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia, no programa de accións Meet the buyer, está a organizar unha misión inversa, entre os días 5, 6 e 7 de novembro de 2018, coa visita a Galicia de catro importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas, especializadas na importación, distribución e comercialización de produtos españois en Holanda e no Benelux exclusivamente a maioristas, clientes profesionais, industria e minoristas (HORECA).

A finalidade do programa desenvolto polo clúster é a promoción no mercado holandés dos produtos alimentarios e bebidas galegas, nesta ocasión con preferencia de conservas de peixe e marisco, viños, aceite, queixo e mel, entre outros así como reforzar a súa presenza no mercado a través dos importadores convidados, co obxectivo final de fomentar o establecemento de relacións comerciais coas empresas produtoras galegas.

Misión comercial inversa

A participación nestes encontros por parte das empresas galegas inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas, encontros ou visitas, así como a difusión do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores convidados, os cales seleccionarán as empresas coas que entrevistarse ou visitar. As modalidades son visita a fábricas en Galicia, encontros e entrevistas en Santiago de Compostela.

Inscrición Convocatoria Máis info