×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia, dentro do programa de accións Meet the buyer e coa colaboración do IGAPE, está a organizar unha misión inversa, entre os días 21 e 23 de novembro de 2017, coa visita a Galicia de tres importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas en Xapón.

A finalidade do programa desenvolto polo clúster é a promoción no mercado nipón dos produtos alimentarios e bebidas galegas, así como reforzar a súa presenza no mercado a través dos importadores convidados. O obxectivo final é fomentar o establecemento de relacións comerciais entre as empresas produtoras galegas e os diferentes actores do país.

O mercado de Xapón

Xapón, cunha poboación de 127,08 millóns de persoas, é a terceira economía do mundo e o cuarto exportador e importador mundial de mercadorías, por detrás de Estados Unidos, China e Alemaña.

España foi para Xapón o sexto subministrador entre os países da UE. O valor das exportacións españolas practicamente duplicouse desde o comezo da crise, pasando de 1.213 millóns € en 2009 a 2.406 millóns € en 2016.

Con respecto aos produtos españois máis importados por Xapón temos que os produtos alimentarios ocupan a segunda posición segundo o valor das exportacións; de feito, máis do 25% do valor total das exportacións españolas a Xapón son de produtos de alimentación e bebidas. Os produtos máis exportados foron os produtos cárnicos (sobre todo porcino e particularmente xamón), viño, aceite de oliva e peixe, crustáceos e moluscos.

A misión comercial

A misión desenvolverase os días 21, 22 e 23 de novembro de 2017

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas, encontros ou visitas, así como a difusión do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores convidados, os cales seleccionarán as empresas a entrevistarse ou visitar.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en international@clusaga.org ou no teléfono 629 991 023.