×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no Programa de Misións Tecnolóxicas está a organizar unha acción entre os días 20 e 22 de marzo de 2018, coa visita a Feira Anuga Food Tec.

A finalidade da misión é poder coñecer as primicias presentadas a nivel internacional no sector dos subministros da industria alimentaria. Os asistentes poderán ver innovacións, visións tecnolóxicas e solucións na mellora e eficacia do uso dos recursos, todas elas ligadas ao paradigma da industria 4.0, considerando que a Anuga Food Tec é a principal feira tecnolóxica no conxunto dos sectores industriais a nivel mundial.

Anuga FoodTec 2018

Anuga FoodTec presenta diferentes perspectivas na produción, a embalaxe e a distribución do sector. O foco primario na Anuga FoodTec 2018 será o uso eficiente dos recursos sendo esta a única feira que cobre todos os aspectos da produción alimentaria.

Na pasada edición de 2015 esta feira contou coa participación de máis de 45.000 visitantes e 1.500 empresas expositoras. De estes expositores máis de 800 proceden do estranxeiro contando con ata 49 nacionalidades diferentes.

A misión directa

A misión directa do Cluster Alimentario de Galicia inclúe o apoio a xestión (viaxe, aloxamento e entradas) elaboración da axenda individualizada e conxunta con actividades adicionais e o apoio aos custos de viaxe e aloxamento.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en innovacion@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Inscrición Convocatoria