×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Cluster Alimentario de Galicia e Vive Malasaña organizan a semana da gastronomía galega en Madrid entre o 24 de novembro e o 3 de decembro. O obxectivo do evento é promocionar simultaneamente os produtos gourmet das empresas galegas no mercado local asociado a súa orixe e ao seu valor culinario: mariscos, algas, carne, ovos, viños, licores, cafés, produtos lácteos e queixos. A promoción da imaxe conxunta de Galicia coma orixe de alimentos e bebidas auténticos, de alta calidade, naturais e sostibles.

As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a coñecer os seus produtos e que os consumidores comproben de primeira man a calidade dos mesmos, en paralelo á programación de actividades dirixidas a profesionais e a medios. Os produtos serán presentados e utilizados en diversas preparacións polos restaurantes e bares da zona, de xeito que se acaden algúns dos obxectivos:

  • Mellorar o posicionamento dos seus produtos no mercado nacional
  • Difundir a imaxe de marca entre consumidores e restauradores de Madrid
  • Establecer relacións con empresas comercializadoras e distribuidoras na canle HORECA de produtos galegos afincadas en Madrid

As actividades concentraranse no barrio de Malasaña e Conde Duque, uns dos barrios máis concorridos de Madrid, onde conviven comercios tradicionais con novos locais destinados a un público novo e foodies que buscan produtos auténticos, naturais e innovadores, convertendo esta zona en lugar de referencia e visita obrigada para os amantes da gastronomía.

Os restaurantes e bares que se uniron a este evento aportarán o seu gran de area durante estes días para introducir as materias primas de primeira clase incorporándoas en pratos exclusivos ou menús deseñados para os días ou en enxeñosas tapas combinadas con viños ou licores de Galicia. Por suposto, haberá moito do mar, como as algas, moi esixidas, ou un excelente marisco, peixe ou mexillón de Galicia, con D.O.-; ovos de alta calidade de galiñas ao aire libre; produtos lácteos onde non pode faltar os deliciosos queixos; café orgánico con asado natural; e por suposto a carne de vaca galega, os chourizos criollos...

Programa