×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

AEI Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) xunto coa participación dos centros tecnolóxicos e de coñecemento: Fundació Eurecat e a Universidade de Santiago de Compostela - Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (USC-APLTA) organizan o workshop: Innovación en alimentos e nutrición infantil desde un entorno colaborativo virtual.

Trátase dunha das fases de presentación dun proxecto financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade o cal busca promover a competitividade das empresas a través da colaboración nun entorno virtual aberto (plataforma) facilitando o desenvolvemento de procesos colaborativos de apoio á innovación, con vistas a facilitar a elaboración a nivel piloto de alimentos novos ou mellorados destinados á poboación infantil, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Asemade neste proxecto participan cinco PEMES alimentarias asociadas a Clusaga: Innolact, Campomayor, Portomuiños,Freshcut e Daveiga. O proxecto conta, así mesmo, coa estreita colaboración coa cadea de distribución GADISA; a AEI de Nutrición e Saúde (AINS), que dinamizará a participación de empresas de ingredientes alimentarios, así como outras entidades relevantes, como son: a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), e a empresa de comedores escolares Grupo Hostaleiro ASUETO.

A xornada arrancará coa benvida aos asistentes por parte de Enrique Arbones, Director da Aula de Productos Lácteos e Roberto Alonso, Xerente do Clúster Alimentario de Galicia. Ambos darán paso a conferencia sobre o marco normativo dos produtos infantís, por Francesc Puiggròs, Promotor Tecnolóxico da Unidade de Nutrición e Saúde da Fundación Eurecat.

O evento continuará cunha exposición das tendencias de consumo en produtos alimentarios infantís e unha presentación sobre conceptos funcionais para a poboación infantil. Asemade abordarase os retos tecnolóxicos e ingredientes no desenvolvemento de novos produtos. Para rematar, realizarase unha mesa redonda con experiencias e casos prácticos, e poderanse solicitar reunións bilaterais cos membros organizadores do proxecto.

Inscrición Programa